miércoles, 9 de marzo de 2011

Aldeasa




Aldeasa (Almacenes y depósitos aduaneiros S.A.) é unha empresa de orixe español adicada, principalmente, a venta en espazos públicos orientados a turistas e/ou viaxeiros, aproveitando tamén onde pode, a venta de artigos duty free, e dicir, libres de impostos.

A empresa comezou coas tendas duty free en aeroportos e foi ampliando o negocio en varias liñas diferentes, por unha parte creou tamén unha nova división encargada de rexentar tendas e espazos en museos, monumentos, etc. Tanto nestas tendas como nas dos aeroportos, a empresa foi expandíndose internacionalmente abrindo tendas propias a maior parte das veces a través de concesión por concurso.
 

Outra das súas liñas de negocio e a de distribuír e dar servizos ao por maior a: provisionistas de buques, tendas en cruceiros, venta a bordo de aeroliñas, bases militares, etc.

Actualmente, Aldeasa conta incluíndo todas as súas liñas de negocio con 242 tendas repartidas en todo mundo. Aldeasa xestiona establecementos en 49 aeroportos nacionais e internacionais de 20 países diferentes en 4 continentes, e emprega directamente arredor de 3.700 persoas.  Os países onde se atopa a empresa son:

EUROPA: España, Francia, Portugal e Turquía 

AMÉRICA: Chile, México, Panamá, Perú, Colombia, Antillas Holandesas (Curaçao), Canadá (Vancouver) e EE.UU. (Atlanta e Orlando)

ASIA: Xordania, Kuwait , Arabia Saudí, India, Sri Lanka e Maldivas

ÁFRICA: Marrocos e Cabo Verde